![]() Acabo de ler nunha páxina de novas culturais galegas (culturagalega.org) que o grupo folque Ophiusa, co que tiven ocasión de compartir esceario e no que tocan un par de bos amigos meus (un saúdo para Benxamín e Paulo, por se me están a ler), veñen de lanzar ó mercado o seu primeiro traballo (non era sen tempo), Paos, que presentarán de maneira oficial o venres 18 de abril cun concerto no Centro Sociocultural do Ensanche de Santiago de Compostela. Sen máis, agardo que lles vaia tan ben este traballo coma os concertos. Denque aquí, desexarlles ¡boa sorte! CommentsLeave a Reply |

RSS Feed