
Acabo de chegar do ensario coa Orquestra Sinfónica do Conservatorio Profesional de Música da Coruña. E veño baldado.
Hoxe tocou montar o primeiro movemento do Concerto nº 1 en Sol menor para violín e orquestra de Max Bruch. ¡Vaia ensaio! Por veces andaba no aire, por veces quedábame aletargado.
Ainda por riba, hoxe o ensaio coincidiu co aniversario do director da orquestra Fernando L. Briones. ¡Parabéns por eses 32 anazos tan ben levados! Trátase do moinante de aquí abaixo, jeje.
E, coma non, fixémoslla boa. No medio do ensaio xurdimos da nada entoando o "Clumpleaños Feliz", cunha tarta de chocolate e biscoito (con velas incluídas) e con champaña para regala. ¡Menuda festa!
Aínda que el tampouco se quedou atrás, xa que apareceu logo cun par de caixas de bombóns para todos. En fin, que rematamos comendo e bebendo no conservatorio coma se estivesemos na casa. Se é que somos unha gran familia.
Por hoxe é o que hai. Se queredes máis, toca agardar deica mañá.
Esta fin de semana, concretamente o sábado ás 20:30, no Pazo da Ópera da Coruña, tivo lugar un gran concerto ó que, por desgracia (non quedaban invitacións -graciñas a Néstor de tódolos xeitos por achegarse a recollelas-), non puiden asistir.
O grupo en cuestión era Richard Galliano & Tangaria Quartet, un gran conxunto intrumental de jazz, formado por Richard Galliano ó acordeón, Sebastián Surel ó violín, ó contrabaixo e Rafael Mejías á percusión.
A encargada de traelos foi a Fundación Pedro Barrié de la Maza (www.fbarrie.org) dentro do seu XIII Ciclo de Jazz. Un gran cartel o deste ano, do que sen dúbida o grupo do que estou a falar é o mellor con diferencia.
Segundo me comentaros varios amigos e compañeiros que si tiveron a sorte de poder asistir, agardábase bastante máis deles. Eu tiven ocasión de velos no Festival de Jazz de San Sebastián xa fai uns anos e parecéronme impresionantemente bos; tiñan un aquel indescriptible pero engaiolante. Supoño que o "mal" sabor de boca que deixaron se deberá ó cambio de formación de hai un tempo para aquí. Anteriormente o violinista era Alexis Cárdenas, un músico impresionante tanto interpretativa coma tecnicamente, ó que estou seguro, polo pouco que vin, que Sebastián Surel non lle chega nin polo nocello. Ademáis, colaboraba asiduamente con eles Hamilton de Holanda á mandolina, que lle daba un aquel bastante especial a certos temas.
Para que vexades de qué estou a falar, déixovos a continuación unha serie de vídeos recopilados pola rede, nos que poderedes apreciar a antiga formación. Agardo que vos gusten.
Aquí vai unha lenta.
Algo máis movido.
E aquí con Hamilton de Holanda.
Isto é todo por hoxe. Mañá, ¡máis e mellor!

Semella que hoxe me erguín devecendo por facer algo novo e diferente. Pasei todo o día dándolle ó maxín e, á fin, decidinme por comezar a escribir un blog.
Si, xa sei que non é moi orixinal, pero de todo o que se me pasou por esta miña apaxarada cabeciña, é o que me parece máis doado de levar a bo termo. E o bo, se é sinxelo, resulta bo por dúas veces (ou iso din).
Agardo poder escribir un pouquiño tódolos días (sempre e cando teña acceso á rede de redes) e falar de temas varios, pois diversa é a miña vida, como poderedes comprobar.
Ben, considero que coma comezo é máis ca suficiente, non vaia ser co estrague agora.
Sen máis que contar, só me resta dicir: ¡Deica mañá!